A Plataforma pola defensa do transporte público pide maior implicación de institucións e veciñanza ante o desmantelamento da estación de tren do Carballiño
Os representantes da Plataforma pola defensa do transporte público do Carballiño e Comarca lamentan "a actitude pasiva e complice da sociedade carballiñesa, mentres se comete un golpe letal ao futuro do Carballño".
Ramiro Bello, en representación deste colectivo, demandou unha maior implicación tanto por parte da veciñanza como das institucións que nos representan e recordou que cos inicios da pandemia e o estado de alarma, foron suprimidos os servizos ferroviarios que a diario se prestaban entres as estacións do Carballiño e Ourense e aínda non se repuxeron a dia de hoxe, máis dun ano despóis. Neste contexto, dende a Plataforma agardan que "co inicio do próximo curso escolar, a partir de Setembro volvan estar operativos os servizos que foron suprimidos".
Os dirixentes da Plataforma afirmaron "ter a nosa conciencia moi tranquila, porque fixemos todo o noso traballo, aínda que o certo é que non vemos avances, despois dun ano e medio de traballo a conclusión non pode ser máis desalentadora, as verbas quedaronse en verbas, non se fixo nada por resolver o desmantelamento da estación do Carballiño, estamos nunha deriva absoluta", manifestan. Recoñeceron, eso si, que a pandemia condicionou a actividade que viñan desenvolvendo dende esta Plataforma, unha actividade que agora esperan poder reactivar.
Asemade, agardan noticias concretas da anunciada estación intermodal para O Carballiño "estamos atentos para o que aquí se faga non sexa unha trapallada" e avanzan que volverán convocar á sociedade carballiñesa a unha concentración reivindicativa a favor do transporte público "isto será cando a situacion da pandemia sexa máis favorable e non se poña en risco a saúde de ninguén".