A Plataforma pola Defensa do Transporte Público recaba o apoio de alcaldes e Deputación. Ademáis, comeza unha recollida de sinaturas entre a veciñanza.
Esta semana a Plataforma pola Defensa do Transporte Público vai celebrar as primeiras reunións previstas cos alcaldes da Comarca, para demandar dos rexedores municipais "que se involucren con esta causa, a mellora dos servizos de transporte público".
Ademáis, dende esta Plataforma cidadán esperan poder reunirse en breve co presidente da Deputación de Ourense, para pedir este mesmo apoio á entidade provincial.
Tamén anuncian contactos con todo tipo de colectivos e asociacións, tanto do Carballiño como do resto dos concellos, para sumar apoio cidadán a unha reivindicación que se considera funfamental para o presente e futuro da Comarca.
Está en marcha unha recollida de sinaturas entre a veciñanza, que se agarda sexa masiva para acompañar o texto do Plan Integral do Transporte Público no que estáse a traballar por parte desta Plataforma cidadán.