A Plataforma "SOS O Carballiño" reaparece dous anos despóis para alertar "de que os alcaldes do Carballiño e Maside poden poñer en perigo a ampliación do parque empresarial polo suministro da auga"

19, Xuño 2021

A Plataforma Veciñal "SOS O Carballiño" reaparece de novo na escea pública xustificando que "logo dun parón de máis de dous anos na súa actividade, debido principalmente a dous motivos principais, por un lado agardar a evolución do Carballiño tras as eleccións municipais de maio de 2019 e por outro lado e a razón máis importante é a Pandemia que todos e todas estamos padecendo e que agardamos pronto se poda controlar".

A través dun comunicado remitido aos medios de comunicación, anuncian que "SOS O Carballiño vai realizar a súa actividade na medida que a sociedade carballiñesa precise dun altavoz para facerse eco das súas necesidades, inquedanzas ou dificultades para tratar de conseguir que O Carballiño prospere da mellor maneira posible".

Consideran que a día de hoxe existen varios proxectos que van reclamar a súa atención e sobre os que farán "un seguimento riguroso, facéndonos eco de todo aquelo que nos pareza necesario facerllo chegar e darllo a coñecer a veciñanza, estes aspectos que nos poden parecer máis relevantes son: as axudas COVID-19 prometidas polo alcalde do Carballiño para os autónomos que non acaban de chegar como deberían e como prometeu o equipo de goberno do Carballiño, por outro lado faremos un seguimento para comprobar que o alcalde cumpre cos seus compromisos adquiridos cos veciños e veciñas no arranxo das diferentes rúas do Carballiño como son a Rúa Castelao, Rúa Ourense entre outras moitas, tamén estaremos moi atentos sobre que pasa coa mellora ou construcción do novo centro de Saude, onde a día de hoxe o alcalde do Carballiño e o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Nuñez Feijoo soamente nos deron titulares de prensa, logo hai outros proxectos dos que soamente hai promesas e titulares nos medios de comunicación como é o caso do Proxecto Integral do Parque Municipal, que pasa coa Fábrica de Papel, Balneario, entre outros", reproban dende SOS O Carballiño.

Asemade, poñen o punto de atención sobre "a nova concesión de auga da CHMS e a adxudicación dun novo contrato do Servizo de Auga que tamén caduca este ano e que se trata con toda seguridade do contrato máis grande da historia do Carballiño polo que demandamos do alcalde do Carballiño coa maior celeridade posible que nos dea aos veciños e veciñas as explicacións pertinentes xa que polo que pudemos averiguar dende SOS e pola información que saiu nalgún medio de comunicación poderíase poñer en perigo a viabilidade do no vovo Polígono industrial compartido con Maside, en canto ao suministro de auga, polo que convidamos ao alcalde do Carballiño a facer un debate público, participativo e sosegado sobre o que queremos para futuro da actividade económica do Carballiño e para o propio Río Arenteiro", subliñan.

Finalmente, SOS O Carballiño sinala que ten intención de dirixirse ao Ministerio de Fomento para que este teña en consideración a construcción dun ramal da Autovía Ourense-Lugo que conecte esta infraestructura co Carballiño concretamente na Ariz coa autoestrada Santiago-Ourense, "convertendo a Carballiño nun lugar xeoestratéxico en canto as comunicacións nos referimos que traería consecuencias moi positivas para o desenvolvemento da Comarca do Carballiño".