As Plataformas Cidadáns esixen á Xunta que "defina unha postura definitiva" sobre a incineradora
Entenden que as informacións aparecidas nos medios de comunicación son "a todas luces contradictorias e confusas" polo que demandan "un exercicio de responsabilidade e se fale de forma clara neste asunto".
As 3 Plataformas constituídas para opoñerse á instalación da planta incineradora remitiron un escrito dirixido ao Presidente da Xunta e ó Conselleiro de Medio Ambiente no que lle piden "unha comunicación oficial do seu posicionamento ao respecto e sen ambigüidades nin medias tintas e aclare dunha vez por todas se seguen adiante ou non coa idea de instalar a planta incineradora de residuos no Irixo".
Recordan, ademáis, que desde o pasado mes de decembro de 2011 cando se anunciou este proxecto por parte do Conselleiro de Medio Ambiente "a falta de transparencia foi a tónica dominante" e quedou sobradamente de manifesto como "as movilizacións populares do Irixo, O Carballiño e Lalín denotaron ás claras que a preocupación é máxima e que a xente non está disposta a admitir que se xogue co noso futuro", subliñan.