Pleno ao 7 para o Partido Popular de Manuel Prado, que non terá oposición na nova corporación.
O Partido Popular continúa sendo hexemónico no concello de Beariz, no que o alcalde Manuel Prado non terá oposicion, ao conseguir o 87,09% dos votos, 452, e pleno de concelleiros, 7 en total nesta corporación.
Non obteñen representación nin BNG, a pesar de sumar o 10,98% de votos, nin tampouco o PSOE, con apenas o 1,15%.