Pleno interruptus: o alcalde suspende a intempestiva sesión da corporación municipal, sen concluir e tras cinco horas de debate, pasada a medianoite
O pleno que celebraba dende as 19:30 horas deste pasado xoves a corporación municipal do Carballiño quedou pendiente de concluir, cando restaban varios puntos na orde do dia, entre eles as mocións presentadas polo Partido Popular, xa que cando pasaba media hora da medianoite o alcalde Francisco Fumega acordaba suspendélo, dado o intempestivo do horario.
Mentres a maioria dos concellos galegos, incluidos os da comarca, celebran as sesións de pleno en horario matinal, a corporación carballñesa ten fixadas as súas convocatorias ordinarias en horario verpertino, según o rexime de sesións, o que unido a longa duración dos debates da lugar a este tipo de situacións.
Desta vez, e pendiente de concluir, a sesión prolongouse durante cinco horas, e mesmo motivou que ás once da noite, cando xa ían tres horas e media, se fixera un pequeno receso de 10 minutos.
Neste pleno, ademáis dun total de 10 mocións presentadas polos grupos políticos da oposición, algunhas coincidentes na súa temática, tamén figuraba na orde do dia unha modificación do PXOM na parcela da antiga EMBEN en Seoane, unha propiedade cunha superficie de 33.000 metros cadrados, que pasaría de solo rústico de protección ordinaria a solo industrial.
Non obstante, este punto non chegou a tratarse polo pleno, xa que o alcalde optou por retirálo da orde do dia.