Pleno Pokemón: a oposición censura "as contradicións" de Marnotes, e éste desvela unha cita no sumario ao exalcalde Pachi Vázquez
Antes de que o Partido Popular rexeitase a dimisión do alcalde solicitada polos socialistas pola súa imputación xudicial, Marnotes leeu ante o pleno da corporación unha frase de Henry Laíño, exresponsable de Aquagest, na que éste recoñecía que "Laíño dice que Luances le daba pasta a Pachi Vázquez, pero Laíño no le da nada porque no es su estilo", expresou o alcalde no transcurso da súa intervención.
Abríu o pleno o portavoz socialista Paco Fumega con referencias á relación do alcalde co grupo Vendex e as sús declaracións “contradictorias sobre esa relación”. Puxo especial fincapé Fumega na repercusión da imputación do alcalde na vida municipal “está claro que o concello quedou paralizado dende que o alcalde foi imputado”, afirmou o socialista, que calificou de “parálise” as distintas áreas municipais, e que atríbuíu á imputación do alcalde por tráfico de influencias e revelación de secreto.
A concelleira do BNG, Áurea Francisco, lamentou que o alcalde “veña a este pleno forzado e non por vontade propia, cando a quen debe explicaicóns é a toda a veciñanza do Carballiño”. Recordou como dende o BNG xa se pedirá a demisión do alcalde dende o primeiro momento de coñecerse a imputación “nestes tempos difíciles para a ética política, nos que ninguén no PP parece estar en condicións de demandarlle a dimisión, porque todo o Partido Popular é un enorme tejemaneje de corruptelas”, dixo.
Martin Nogueira, o portavoz do grupo de goberno, asegurou ante o pleno que “ninguén como Marnotes deu tantas explicacións” e botoulle en cara aos socialistas “que non son exemplo para ninguén, que utilizan as imputacións según lle convén, nunhos sitios apelan á presunción de inocencia e no Carballiño piden a dimisión”.
Xa no segundo turno de intervencións, Fumega pedíu unha reflexión ao alcalde do Carballiño “si seguise de alcalde “que abandone as técnicas sicilianas de dilatación e de xogo” coas persoas interesadas en chegar a acordos co concello, e aposte “por políticasclaras e transparentes”.
Áurea Francisco volvía lamentar “a falta de autoridade e ética do alcalde” tras a súa relación "coas súas amistades perigosas”.
O portavoz popular recordou “que a empresa Vendex non a trouxemos nos O Carballiño, tampouco os que trouxemos unha grua de Vendex que encontramos en situación ilegal, pero si fumos os que rompimos o contrato da ORA con Vendex”, remarcou Martín Nogueira.
Cerrou o pleno o alcalde, reprochando aos socialistas carballiñeses que “sexan os únicos” en Galicia en convocar un pleno extraordinario “tratando de convertirse en xuíces” e coa única pretensión de sacar rédito político.
Subliñou Marnotes –aos socialistas- que se refiren unha e outra vez “a gravidade dos feitos, é increíble que pretendan facer de xuíces, a eso chega o seu atrevemento, vostedes piden un pleno coma se fose un vinilo, na cara a piden explicación e na cara b xa traen a sentencia de graves feitos e fora alcalde”.
O rexedor municipal lamentou “as calumnias e acusacións de vostedes, e de ninguén máis de vostedes, que por certo, nunca llo dixen pero aproveito para decirlo, que se está tomando nota de todo o que se di, para dar conta, incluso na transcripción que se fai dos audios do sumario non se axustan á realidade, e eso sí que é moi grave”, advertíu Marnotes, dirixindose aos socialistas