Podemos propón ao alcalde a parcela das antigas casas dos ferroviarios como a mellor opción para a construcción do Centro Integral de Saúde

15, Novembro 2021

O Círculo carballiñés de Podemos propón ao alcalde do Carballiño un solar de titularidade privada, á que se sumaría unha parcela de propiedade municipal que reúnen entre ambas unha extensión de 7.393 m2, como ubicación para o Centro Integral de Saúde do Carballiño. Trátase da parcela das antigas casas dos ferroviarios da estación do Carballiño, con fachada á Avenida 25 e Xullo e a Praza da Estación de ferrocarril. Esta mesma opción tamén foi suxerida por Pachi Vázquez entre as preferencias apuntadas dende o grupo municipal de Espazo Común.

Podemos razon que "cando se busca a ubicación de un centro de saúde hai varios factores que se deberían ter en conta xa non só de cara a situación do ou dos solares onde o mesmo se vai ubicar, senón tamén outros que non son tal vez tan evidentes á hora de facer esta elección.
O tecido urbán e social de cada barrio da nosa vila sería un de eses factores. Cada rúa, cada barrio é distinto en función da tipoloxía edificada e na estructura dos espazos libres que o compoñen. Outro factor a ter en conta é o transporte público e privado de cara achegarse ao centro. A conectividade é algo que cobra especial importancia xa que permitirá o acceso ao noso centro de saúde a todos os colectivos, independientemente de que o transporte se faga en vehículos privados ou se utilice o transporte público".

Asemade, manifestan que "o factor máis determinante e que non debemos descoidar é a morfoloxía propia do terreo onde se vai construir o centro de saúde. As dimensións, a topografía, a orientación, etc son cuestións a ter en conta".

Polo exposto, dende o Círculo de Podemos no Carballiño fan esta achega de proposta ao Alcalde da Corporación Municipal de o Carballiño para a ubicación do novo Centro Integral de Saúde do Carballiño, atendendo á proposta feita pola Consellería de Sanidade e as especificacións da mesma: zona edificada de 4.500 metros cadrados, 22 consultas, área de infecciosos, toma de mostras, PAC con 6 consultas e 3 consultas no COF, entre outras.

Podemos entende que "os terreos ubicados próximos a estación de tren reunen os requisitos necesarios para ubicar o novo Centro Integral de Saúde. Concretamente estamos a falar de duas parcelas, unha de 1.590 metros cadrados, actualmente de titularidade municipal con referencia catastral 6883003NG7968S e outra de 5.803 metros cadrados con referencia catastral 6883002NG7968S, de titularidade privada".

Desta maneira, unindo ambas parcelas sumaríanse 7.393 metros cuadrados "espazo suficiente para a creación do Centro Integral de Saúde e de entre unhas 70-100 prazas de aparcamento (incluindo zona para ambulancias e prazas para persoas con movilidade reducida) e que entraría dentro das especificacións marcadas pola Consellería de Sanidade", subliñan dende Podemos O Carballiño