Podemos propón ao concello do Carballiño un plan cívico con seis medidas para mellorar servizos e a calidade de vida da veciñanza carballiñesa
PODEMOS O Carballiño afirma que "o longo do verán vimos como a situación que se ven dando nos últimos anos de non poder conciliar ocio con descanso na nosa vila se agrandou·
Na formación morada entenden que "existe un verdadeiro descontrol no tocante a permisos de terrazas, horas de peche dos locais, control nas zonas de aparcar e de carga e descarga, ruido e suciedade nas rúas,....Vamos que o grupo de goberno do señor Fumega, a día de hoxe, non ten un plan de actuación eficaz para poder conciliar o que é o descanso da veciñanza co ocio e a celebración de festexos, sin que uns vaian en detrimento ou en contra dos outros".
Por todas esas razóns, Podemos ven de presentar no rexistro do concello carballiñes unha proposta de Plan Cívico "con seis liñas a defender e que entendemos que son beneficiosas para a nosa vila".
Para acceder ao documento no que se recolle este plan cívico, prema no arquivo adexunto: