Podemos urxe axuda para as persoas sen fogar e súmase a outras formacións políticas para pedir que se modifique o orzamento do concello para atender a crise
Podemos vai achegar por escrito ao grupo de goberno unha série de medidas concretas coa convicción de que o concello do Carballiño non pode permanecer alleo á crise económica e social xerada polo coronavirus, que precisa unha reacción por parte de todas as administraccións, entre elas a municipal.
Para elo, Podemos da algunhas claves, que serían as seguintes:
Modificar os orzamentos, concretamente incrementar a cantidade de 10.000 € recollida na política de gasto de servizos Sociais no subprograma 231,13,480 00, para Emerxencia Social e facer uso da mesma (non como en anos anteriores), recortando en outras áreas como actuacións e espectáculos (subprograma 334,12,227 06 dotado de 45.000 e, por exemplo).
A situación de excepcionalidade require que os orzamentos se modifiquen de acordo á emerxencia social e se adiante as necesidades que poidan aparecer por parte da veciñanza do Carballiño.
Usar e asignar o Remanente de Tesourería (superávit) de 4.000.000 de euros, para axudar as persoas autónomas, PYMEs e comercio local do noso concello de xeito directo, así como para as familias que se verán en situacións difíciles estes días.
Esta dotación e reasignación orzamentaria usarase de xeito discrecional baixo a xestión da Área de Asuntos Sociais e buscará cubrir demandas de alimentos, medicacións, productos de hixiene e outros de primeira necesidade, así como para familias que precisen de pagar alugueiros, subministracións de luz, auga e gas de ser o caso. Quedará aberto a calquera outra necesidade (como podería ser cubrir o custo de transporte en certas situacións de urxencia) se estivese suficientemente motivada.
Os cargos electos, nun xesto de solidariedade e compromiso coa veciñanza, donen ametade das súas asignacións dos meses de marzo e abril para contribuír a sufragar esas necesidades dos colectivos e familias nomeadas no punto anterior.
Creación de un protocolo de Asistencia a Xente sen Fogar. Para dito protocolo constituirase unha unidade de intervención asistencial, seguindo coa lexislación vixente e baixo a formación sanitaria pertinente, para dar asistencia e acollida a persoas sin fogar.
Dotarase e habilitaranse estruturas municipais como o Pavillón de Deportes ou o Cámping do Carballiño para dar acollida a estas persoas.
Tamén correrán por conta do Concello a alimentación básica e o reparto de Kits de limpeza e hixiene corporal, para garantir un mínimo de condicións hixiénicas e vitais dignas, na medida do posible.
Este protocolo de Asistencia dando cobixo, alimento e asistencia, poderase estender a familias que se vexan na necesidade de solicitalo, sexan polos motivos que sexan.