Polas primeiras contratacións de persoal no concello: Alternativa Veciñal pedirá explicacións e o BNG lamenta que o PSdeG "incumpra o seu programa electoral"
A convocatoria que ven de facer pública o concello do Carballiño para a contratación de persoal laboral temporal ven de motivar as críticas dos grupos da oposición, tanto por parte de Alternativa Veciñal como do BNG.
Alternativa Veciñal censura o feito de que o grupo de goberno "aproveitase a a fin de semana da festa do polbo para sacar as bases para a contratación de diverso persoal sen pasar por ningunha comisión informativa nin polo pleno".
Conideran que "dada a situación económica precaria do concello, este tipo de contrataicóns deben estudarse en órganos de participación, polo que descoñecemos a necesidade de efectuar esas contratacións"
Alternativa Veciñal defende que estes procedementos de contratación de traballadores debe facerse con "garantindo a transparencia". Piden ao alcalde que convoque con urxencia a Xunta de Portavoces e explique os pormenores destes procedementos de selección de traballadores sociais, auxiliares administrativos e un técnico de orientación laboral.
Pola súa parte, o BNG lamenta "que os socialistas incumpran o seu propio programa electoral e o código ético que pregonaba o alcalde cando decía que ían eliminar a parte da entrevista persoal nos procesos para acceder a un posto de traballo no concello".
Ademáis, o BNG dubida da necesidade de contratar un orientador laboral "xa que na actualmente no concello do Carballiño xa existen dous orientadores laborais".