"Polbo á andaluza" na 2ª Feira de Abril do Carballiño
Unha gran carpa de 24x16 metros de superficie, que ocupará a "pista roxa", servirá para acoller a segunda edición da "feira de abril" que terá lugar os dias 24, 25 e 26 deste mes de abril de 2009, organizada por un grupo de hostaleiros do entorno da praza do Emigrante do Carballiño, e coa colaboración do Concello do Carballiño, que ademáis este ano será ún dos patrocinadores do evento, ó que aportará mil euros de subvención. Así o adiantou o Concelleiro de turismo, Manolo Dacal, que ademáis tivo un recordo especial no acto de presentación do programa para " as tertulias que falan e critican desde a súa iñorancia unha iniciativa como ésta". O Concelleiro salientou esta celebración festiva polo que reprresenta como "motivo para dinamizar a hostalería local".
A empresa ourensana "Cátering Xantar" será a encargada de ofrecer un servizo de restaurante, no que poderán degustarse a diario productos típicos de Andalucía, entre os que destacará -será a novidade desta segunda edición- o "polbo á andaluza", que durante os tres días rivalizará co noso tradicional "polbo á feira".
No capítulo de animación musical e folclórica, contaráse coa colaboración da Escola Municipal de Danza do Carballiño e a Escola de Danza "Natifleta", de Ourense. Entre as novidades, haberá un Concruso de Baile de Sevillanas.