Polémicas declaracións do Alcalde de Boborás: tilda de "trilero" ó portavoz do PSOE e de "encerrona" a reunión con veciños de Feás
A medida de aforro acordada polo grupo de goberno de Concello de Boborás, apagando unha parte das iluminaciòns públicas en todas as localidades do ámbito municipal, segue sendo motivo de controversia entre a veciñanza. O último episodio aconteceu no transcurso dunha reuníón que mantiñan o Alcalde Cipriano Caamaño e un numeroso grupo de veciños da parroquia de Feás, e que abandonou o Alcalde cando tomou a palabra o portavoz do PSOE neste Concello, Alberto Otero. Os veciños que acudiran á casa do concello entenderon entón que "o Alcalde deixounos plantados e coa palabra na boca", o que levou a algún dos presentes a recriminarlle esta postura ó rexidor municipal e provocou momentos de certa tensíon. Agora, e a traves dunhas declaracións no programa de Xan Pinal, na mañá de Cope O Carballiño, Cipriano Caamaño calificou de "encerrona ó Alcalde" esa reunión e culpou de orquestrar a mesma ó portavoz muncipal socialista.(Declaracións que pode escoitar abrindo o AUDIO ADXUNTO).
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións de Cipriano Caamaño, alcalde de Boborás