A Policia Autonómica tramitou denuncias por incumprir as medidas sanitarias anticovid nos concellos de Cea, Leiro e O Carballiño
Entre o 29 e o 31 de xaneiro, os axentes realizaron da Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 33 dispositivos que deron como resultado un total de 340 identificacións e 16 denuncias en Allariz, O Carballiño, Leiro, Ourense, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea e Verín.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, o aforo e horario de peche dos locais e a prevención do botellón.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.