A Policia Local cubre con auxiliares o deficit de axentes. A Xunta convoca outras 4 prazas de auxilares para o segundo semestre do ano, no que ademáis incorporaránse 3 axentes en prácticas.
O concello do Carballiño continúa recurrindo á contratación temporal de auxiliares para paliar o deficit de axentes na Policia Local, que son 12 na actualidade, aínda que a plantilla leva meses soportando dúas baixas, unha delas de longa duración.
O ano pasado foron 12 os auxiliares que contratados polos concello carballiñés para axudar a cubrir as necesidades do servizo, e para este ano 2021 serán 9, deles 5 xa están prestando servizo por un periodo de seis meses, e agora a Academia Galega de Seguridade ven de convocar o procedemento selectivo para cubrir prazas na categoria de auxiliares nos concellos galegos, en concreto para o O Carballiño serán 4 prazas de auxiliares que se incorporarán á Policia Local carballiñesa no segundo semestre do ano. O concello do Carballiño está adherido ao decreto autonómico que permite aos concellos delegar na Xunta os procesos selectivos, o que permite axilizar trámites e recursos para a contratación de auxiliares e axentes con destino á Policia Local.
Precisamente, tamén no transcurso do segundo semestre deste ano, está previsto que se incorpen en periodo de prácticas os 3 novos axentes que serán destinados na Policia Local do Carballiño, e que permitirá ampliar a plantilla de efectivos a partir do próximo ano 2022.