A Policia Local incorpora dende hoxe 3 novos axentes con carácter indefinido, e 4 auxiliares con carácter temporal
A Policia Local do Carballiño incorpora dende hoxe dia 1 de Febreiro a 3 novos axentes, que unha vez rematado o seu periodo en practicas tanto na Academia Galega de Seguridade como na propia Policia Local carballiñesa, tomaron xa posesión das súas prazas en propiedade, comezando a exercer a súa labor profesional como axentes do Corpo da Policia Local.
Coincidindo coa incoporación dos novos efectivos, a Policia Local do Carballiño tamén conta dende hoxe, neste caso con carácter temporal durante os próximos 6 meses, de catro auxiliares de policia, que prestarán labores de apoio aos axentes.
As 7 incorporacións veñen a cubrir o deficit de efectivos da Policia Local, consecuencia das xubilacións, as baixas por enfermidade, e por un concurso de mobilidade ao que se acolleu un axente que se incorporou á Policia Local de Ourense.