A Policia Local incorporará a 3 novos axentes, unha vez completen o periodo de prácticas
Os responsables municipais déronlle á benvida nun acto celebrado esta mañá no salón de sesións do concello carballiñés. Son os 3 futuros axentes que logo se incorporarán á Policia Local do Carballiño, unha vez que completen nos próximos meses a súa formacion na Academia Galega de Seguridade e o periodo de prácticas que realizarán na propia Policia Local Carballiñesa, estando prevista a súa incorporación definitiva a finais de ano.
O Concelleiro de Seguridade, Manuel Sotelo, explicou que a chegada dos novos axentes retrasouse no último ano por culpa da pandemia e recordou que estas 3 incorporacións cubren as 14 prazas que fixa a Relación de Postos de Traballo -RPT- do concello do Carballiño, " a nosa idea é seguir incorporando novos axentes, na medida do posible", subliñou.
Francisco Valeiras, actúal Xefe da Policia Local do Carballiño, incidíu unha vez máis na escasez de efectivos "xa que somos a única Policia Local da provincia de Ourense, a maiores da capital, que conta con oficina de denuncias e presta o servizo as 24 horas ao dia". Valeiras salientou a implicación da Policia Local coa sociedade carballiñesa "ata o punto de que os propios veciños cando se produce algúnha incidencia de seguridade cidadán sempre apelan directamente á Policia Local".