A Policia Local intercepta a un veciño do Carballiño cun vehículo sen seguro nin ITV e co carné retirado por perda de puntos. Sobre o vehículo constaba unha denuncia por roubo.
Unha patrulla da Policia Local do Carballiño interceptou na tarde deste pasado xoves a un veciño do Carballiño, de 78 anos de idade, tras detectar que o vehículo constaba como roubado, según unha denuncia obrante na Garda Civil do Carballiño.
Unha vez requerida a documentación ao conductor, a Policia Local pudo comprobar que o vehículo carecia de seguro, coa ITV caducada, e ademais o conductor tiña o carné retirado pola perda de puntos. A intervención tivo lugar na rúa Castelao do Carballiño.
O conductor explicou á Policia Local do Carballiño que o vehiculo era da súa propiedade, que fai un tempo presentou denuncia por roubo ante a Garda Civil, pero que despóis él mesmo pudo recuperalo, sen comunicalo á Garda Civil, motivo polo que contínuaba figurando como roubado, asegurou.