A Policia Local realizará controis de velocidade nas vias urbanas do Carballiño, do 31 de decembro ó 5 de xaneiro
As rúas Castelao, Ourense, 25 de Xullo, avda. do balneario ou Astureses, entre outras, todas elas dentro do ámbito urbano carballiñés, serán o escenario de controis de velocidade mediante radar móbil por parte da Policia Local do Carballiño. Os controis iniciaránse na tarde do 31 de decembro e prolongaránse atá o dia 5 de xaneiro, e sucederánse máis adiante de forma periódica, utilizando este novo sistema de radar móbil do que dispón a policia carballiñesa tras a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello do Carballiño e a Xefatura Provincial de Tráfico. O Xefe da Policia Local, Francisco Valeiras, explicou que esta iniciativa tamén se vai levar a cabo nas principais poboacións da provincia, naquélas localidades que contan con policia local, e que a coincidencia desta campaña no Carballiño con estas datas de celebracións festivas foi un casual, xa que "nos tocou asi para adaptarnos as disponibilidades do servizo e coordenarnos coa xefatura provincial de tráfico". Valeiras tamén adiantou que durante os primeiros dias "tratarémos que os controis teñan un carácter informativo, ainda que nun futuro haberá tolerancia cero para os conductores que non respeten as normas, e advertindo ademáis que aqueles automovilistas que rebasen as velocidades permitidas, serán sometidos a controis de alcoholemia".