A Policia Local tramitou nos últimos dias 48 expedientes de sanción por saltarse o confinamento, a maioria, persoas que paseaban polo parque municipal e o paseo fluvial
A Policia Local do Carballiño cerrou a semana coa apertura de 48 expedientes sancionadores, a maioria deles nos últimos dias, abertos a veciños e veciñas do Carballiño por non respectar o confinamento domiciliario ao que estamo obrigados polo estado de alerta.
Trátase de persoas que paseaban por espazos públicos e que non poideron xustificar os desprazamentos que estaban realizando, a maioría deles transitaban a pe pola zona do parque municipal do Carballiño e o paseo fluvíal do rio Arenteiro, onde os axentes da Policia Local do Carballiño realizaron controis a pe nos últimos dias.
Os expedientes abertos son agora remitidos á Subdelegación do Goberno, para a súa tramitación e resolución.
As persoas denunciadas enfróntanse a multas que poden ir dos 600 aos 30.000 euros en casos que sexan reincidentes ou que supoñan un delito de desobediencia grave á autoridade.