Política Social incrementa en 11.488 horas anuais o Servizo de Axuda no Fogar nos concellos da Mancomunidade
A Conselleria de Politica Social, atendendo unha petición dos responsables da Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño incrementará este ano a partires do 1 de setembro o número de horas asignadas o servicio de axuda no fogar ( S.A.F ), que aumentarán en 11.488 horas anuais, pasando de 50460 a 61948 horas anuais para os cinco concellos que integran a mancomunidade, que son os de Beariz, Boboras, Irixo, Piñor e San Amaro.
A axuda económica para sufragar estas horas ronda os 600.000 €. Este feito permitirá que mellore a calidade vida para as persoas maiores ou dependentes destes concellos, favorecendo a estancia das persoas beneficiadas nas súas propias vivendas.
Asimesmo permitirá crear novos postos de traballos para as persoas coidadores dos maiores, ampliando o número actúal de auxiliares de axuda no fogar, creando novos postos de trraballo no ámbito rural da comarca.
Dende a mancomunidade de concellos do Carballiño, que preside o tenente alcalde do Irixo Manuel Cerdeira. felicítanse por este incremento nas horas do servizo de axuda no fogar e manifestan o seu compromiso “polos servicios sociais sendo os nosos piares fundamentais os maiores e os nenos, que son os colectivos mais vulnerables”.