Ponse en marcha a "Asemblea Nacionalista Aberta do Carballiño"
A primeira convocatoria pública faise para este vindeiro venres dia 11 ás 20,30 horas no local sito na rúa Martinez Avellanosa nº 12 "coa idea de buscar unha nova via ante o fracaso dos partidos políticos tradicionais".
Os promotores da "Asamblea Nacionalista" convidan "a toda a cidadanía da comarca a falar e buscar fórmulas de organización e acadar consensos mínimos que nos permitan dar resposta á marabunta de medidas inxustas e sin futuro postas en marcha antes polo PSOE e agora polo PP", manifestan.
Este tipo de convocatoiras "abertas" están a celebrarse por toda Galicia e pretenden artellar "unha organización plural, aberta e participativa que transcenda ao actúal modelo político e económico, recuperando a democracia directa, controloda desde abaixo e ao servizo da maioria social".
Entre os impulsores no ámbito comarcal desta nova alternativa política figuran varios ex-militantes do BNG, entre eles, Andrés Fernández do Carballiño e Digna Fernández do Irixo, que presentaron esta "Asemblea Nacionalista" como "un obradoiro de ideas, impulsado polo Encontro Irmandiño, pero non controlado, aberto a toda a cidadanía que nace para recuperar os dereitos laborais e políticos que nos arrebataron coa disculpa da crise montada con este própósito".