Ponte Ourense 3 C.D. Arenteiro 4
A punto estivo de complicarse a vida o Arenteiro no partido matinal xogado no campo de Oira, e que xa gañaban os carballiñeses ao descanso por 0-2. Non obstante, as xogadas a balón parado deron vida aos locais que, aínda xogando a maior parte do partido en inferioridade numérica, chegaron a empatar a 3 goles.
Prada adiantou aos carballiñeses ao aproveitar un rexeitamento do porteiro local cando se completaba o primeiro cuarto de partido. Á media hora, o árbitro -que estivo rematadamente mal durante todo o partido perxudicando por igual a ambos equipos- deixou aos locais con 10 xogadores. Curiosamente, a expulsión expoleou ao Ponte Ourense, atá ese momento superado polo Arenteiro, que curiosamente malia quedarse con superioridade numérica no campo, comezou a ceder terreo en favor dos locais.
Xa a piques de rematar a primeira parte, claro penalti sobre o dianteiro carballiñés Cancelas, que transformaría Igleisas. Outro penalti, esta vez na área do Arenteiro, e dúas xogadas a balón parado farían cambiar o rumbo do partido . Sen embargo, o Arenteiro volvería ampliar o resultado ao seu favor co saque dun corner que Iglesias cabecea ao fondo da portería local. E apenas en 10 minutos, o Ponte Ourense empataba o partido. Ambas xogadas foron calcadas, falta do Arenteiro preto da área grande, e por duas veces balón que salva a barreira carballiñesa e cólase polo pau que cubría o porteiro Samuel.
Quedaba aínda moito partido e cando o nerviosismo parecía apoderarse dos carballiñeses, afortunadamente aparecía Pana en misión ofensiva, conectaba un zurdazo que siñificaría o gol da victoria para o Arenteiro. O marcador xa non se movería aínda que algunha ocasión máis terían os carballiñeses paa ampliar a súa renda.
3 puntos de ouro para o Arenteiro que chegan líder á última xornada ante o Barbadás B, con posiblidades de proclamarse campión e conseguir o ascenso á preferente.