Por fin houbo acordo: aprobadas as bases do concurso para adxudicar o novo balneario de Berán
O Presidente da Entidade Local de Berán, José Luis Rodríguez, calificou como de "dia histórico o de hoxe para Berán", tras a aprobación das bases que deberán regular a convocatoria do concurso público para adxudicar a concesión do novo balneario de Berán. Nunha intervención a través do programa "A Mañá de Cope O Carballiño" posterior á celebración da Xunta da Entidade na que se aprobou o documento por unanimidade, O Presidente non desimulou o seu sentimento de satisfacción, xa que atrás queda un longo proceso de ano e medio no que as diferencias có vocal socialista Tomás Lorenzo foi retrasando sucesivamente a súa aprobación. Agora, as bases serán remitidas á Xunta de Galicia e o Concello de Leiro para a súa ratificación, antes de proceder a súa publicación no DOGA. As empresas que opten ó concurso terán 40 dias para presentar ás suas ofertas, deberán abonar cen mil euros á sinatura do contrato, e un canon anual mínimo de 18 mil euros. Os veciños de Berán disfrutarán das novas instalacións balnearias cun rexime especial de prezos e tarifas reducidas.