Por vez primeira en 63 anos de historia do club: o Arenteiro enfrontaráse a un equipo de primeira división, será o Valencia CF, na Copa do Rei
O Arenteiro continúa facendo historia e tras eliminar ao Logroñés na primeira ronda da Copa do Rei, agora por vez pirmeira dende a súa fundación en 1958 enfrontaráse en partido oficial a un equipo da máxima categoria do fútbol español, a un dos grandes entre os grandes, o Valencia C.F.
Será a partido único e o Arenteiro actuará como local. Unha vez ceñecido o resultado do sorteo, o presidente do club, Argimiro Marnotes, manifestou en COPE O Carballiño que "o Arenteiro vai facer todo o posible e máis para que o partido poida xogarse no estadio de Espiñedo, queremos que esa foto históricia ante o Valencia sexa en Espiñedo, que é a nosa casa, o Arenteiro é do Carballiño e queremos xogar no Carballiño", subliñou.
O partido xogaráse o xoves dia 16 deste mes de Decembro, as 7 da tarde. O equipo, que tras completar o adestramento matinal coñeceu en Espiñedo ao seu rival, recibiu o resultado do sorteo con satisfacción "estamos felices e contentos, o Valencia era un dos preferidos", dixo o capitán Daniel Portela.