Porriño Industrial 4-1 Arenteiro
Os locais non deron opción a un Arenteiro que tirou -literalmente- a primeira parte, do minuto 1 ao 45, o Porriño Industrial foi netamente superior, unha superioridade fraguada no centro do campo, onde unha e outra vez marcaron a difererencia, levandose todos os balóns nesta parcela e superando a un fráxil Arenteiro con dous goles nos minutos 14 e 31. Partido correspondente á 28ª xornada na Preferente Galicia, desputado no campo de Lourambal, con presenza de afeccionados do Arenteiro, entre eles varios carballiñeses residentes en Vigo.
Tras o paso por vestiarios, non podía reanudarse o partido de mellor forrma para o Arenteiro, que no minuto 46 recurtaba diferencias no marcador cunha xogada protagonizada en banda por Sanginés, éste envia un balón ao primeiro pau e Martín Pérez, anticipandose á defensa, marca o único gol da tarde para os verdes.
Pero a pretendida reacción foi máis o espellismo do gol que outra cousa, porque o Arenteiro estivo no partido apenas un cuarto de hora, logo no minuto 63 xa chegaba o terceiro do Porriño e no 81 o cuarto e último gol da tarde para un bo Porriño Industrial, xusto vencedor do encontro.
CD Arenteiro: Pachi, M. Castro, Maxi, Aitor, Vilachá, Dafonte, Bardelás, Victor Gallego, Martín Pérez, Dani González e Alberto. Tamén xogaron, Sanginés, Vitti, Iván Portos e Esteban.