Portavoces socialistas da comarca en apoio a Adolfo Nogueira "pedimoslle ao alcalde do Carballiño que recapacite e non faga caso das imposicións da Executiva Provincial".
O sector de afíns a Pachi Vázquez compareceron ante os medios para escenificar públicamente o seu apoio e solidariedade con Adolfo Nogueira, supostamente cesado polo alcalde como portavoz do grupo municipal de goberno socialista no concello do Carballiño.
Nesta comparecencia tomou a palabra o portavoz socialista de Piñor e recentemente cesado como portavoz do grupo socialista na Deputación, Francisco Fraga, acompañado dos tamén portavoces do PSOE nos concellos de San Amaro e San Cristovo de Cea.
Fraga cualificou como "incomprensible" o anuncio de cese feito por Fumega, ao que acusou de seguidismo da cúpula provincial socialista "non me entra na cabeza que Paco Fumega faga caso destas imposicións da Executiva Provincial e cese a un compañeiro por prestarlle apoio e palabras de cariño por Pachi", dixo.
Advertíulle ao alcalde do Carballiño que "vai ter que explicarnos a nos e a cidadanía do Carballiño por qué cesa a un compañeiro ao que igual que Pachi tanto fixo para conseguir a alcaldía".
Fransico Fraga tivo loubanzas á traxectoria política e persoal de Adolfo Nogueira, defendeu o seu traballo tanto no concello como na agrupación socialista e pedíulle expresamente a Fumega que "recapacite, apelamos ao diálogo e a unidade, polo ben do partido e da cidadanía".
En ningún momento Fraga, e tampouco o resto dos portavoces presentes neste acto, quixeron aclarar se contemplan ou non a posiblidade de promover candidaturas para esta próximas eleccións municipais á maxe do PSOE, tal como manifestou o alcalde Fumega.
Non obstante, lanzaron este aviso para navegantes "vostedes ven como se aparta a quen discrepa, e onde non queren a un..."