A portavoz do BNG asegura que o Concello de Boborás está dando axudas por nacemento de fillo a familias que non residen no municipio
O Goberno Municipal do Concello de Boborás ven asegurando nos últimos meses que as axudas que concede ás familias polo nacemento de fillos está contribuíndo en gran maneira ó aumento da natalidade neste Concello. Según os datos municipais, no pasado 2008 houbo 13 nacementos e no que levamos de 2009 xa son 23 os novos veciños recén nacidos que pasaron a engrosar o padrón municipal de habitantes. Sen embargo, as optimistas avaliacións dos responsables municpais foron matizadas pola portavoz do BNG en Boborás María Dolores Cachafeiro, xa que no transcurso da súa interveción de hoxe no programa "A Mañá de Cope" a nacionalista asegurou que o Concello de Boborás está dando estas axudas a "familias que viven fora de Boborás, polo que se trata dunha política engañosa que non tén moito sentido". A ordenanza municipal que regula a concesión destas axudas contempla unha axuda de 500 euros por cada recén nacido no Concello de Boborás, e 50 euros mensuais durante os dous primeiros anos de vida. En total, O Concello de Boborás xa leva desembolsado un total de 20.750 euros.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Mª Dolores concelleira do BNG en Boborás