A Praza da Veracruz e o Pazo da Almuzara reciben este sábado 3 de xuño o Rally de Clásicos e Antigos de Ourense
Os amantes do motor teñen unha cita esta fin de semana co Rally de Clásicos e Antigos de Ourense, que este ano chega a súa edición número 27 e tamén terá o concello do Carballiño como escenario. Tal e como explicaron dende a organización, está previsto que a saída se leve a cabo dende a Praza Maior de Ourense e que o primeiro coche chegue este sábado 3 de xuño, sobre as 18.00 horas a O Carballiño.
Realizarase no concello o reagrupamento dunha hora, hasta as 19.00 horas aproximadamente, entrarán pola rúa Evaristo Vaamonde e aparcarán na rúa Antonio Palacios. O percorrido finalizará cunha cena final de rally no Pazo da Almuzara, onde se entregarán os recordos e os trofeos do Rally.
Trátase dunha ocasión idónea para que os afeccionados ao automobilismo poidan gozar dunha proba na que participarán vehículos de toda Galicia con modelos icónicos de décadas atrás. Un ano máis, o Rally de Clásicos e Antigos volve ao calendario e xa vai rumbo de cumprir tres décadas. Como é habitual, ofrecerase a modalidade de Regularidade e tamén de Ruta.