Preocupación pola tardanza da desinfección na Residencia de Maiores Irmáns Prieto, na que conviven 170 persoas entre residentes e persoal
A pasada semana unha dotación da UME realizou traballos de desinfección na Residencia de Maiores do Cornuval, mentres que os traballadores do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios da Xunta de Galicia veñen realizando esta labor nas residencias de maiores da comarca, ubicadas todas elas en concellos de menos 5.000 habitantes.
Ademáis, os distintos concellos tamén complementan con medios propios os traballos de desinfección nas residencias de maiores dos seus respectivos municipios, asi como noutros lugares considerados como sensibles ao contaxio do COVID 19.
Non obstante, sorprende que nos traballos deste operativo non se incluíse ata o dia de hoxe a residencia de máis capacidade de toda a comarca, como é o caso da residencia de maiores Irmáns Prieto do Carballiño, na que entre residentes e persoal suman 170 persoas.
Aínda que dende que se declarou o estado de alerta sanitaria restrinxíuse o rexime de visitas e extremaronse as medidas de prevención, traballadoras do centro mostraron a súa preocupación por esta tardanza en levar a cabo unhos traballos que sí xa se levaron a cabo na maioría dos centros de maiores.
Tamén dende o Partido Popular do Carballiño manifestaron a súa preocupación ao entender que a desinfección das residencias de maiores debe ser unha prioridade urxente agora mesmo.