Presentado o novo Servizo de Protección Civil e Urxencias Sanitarias do Concello de Avión

23, Abril 2009

As aportacións económicas de Caixanova e Deputación Provincial de ourense fixeron posible a adquisición dunha nova ambulancia, totalmente equipada, e da que xa dispón o Concello de Avión, para o servizo de traslado do urxencias sanitarias, incorporandose as prestacións da Agrupación Local de Protección Civil. O novo servizo terá unha cobertura horaria permanente de 24 horas, os 365 días do ano. Terá a súa sede no campo da feira de Avión, onde se ubica ademáis o Posto de Emerxencias de Protección Civil desta localidade. A ambulancia estará a disposción tanto dos veciños de Avión como dos Concellos limítrofes, cando se demande o seu servizo. Ademáis, para unha maior axilidade nesta pretación, poderá utilizarse un teléfono propio e gratuíto: 800 007 823.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Antonio Montero, alcalde Avión

No acto de presentación, O Alcalde de Avión agradeceu ás entidades colaboradoras a súa axuda, e salientou a importancia que para o seu Concello ten este novo servizo de urxencia sanitarias, que se pón en marcha para mellorar a calidade asistencial dos veciños e veciñas a través dos propios recursos do Concello. Pola súa parte, O Presidente da Deputación Provincial, José Luis Baltar, tamén presente neste acto puxo o Concello de Avión como exemplo a imitar en política de Protección Civil e Urxencias Sanitarias, e invitou a outros Concellos a mirarse neste espello de Avión.