Primeira AA.VV. que toma esta iniciativa : a asociación de veciños de Partovia ponse a disposición da veciñanza da parroquia que non poida desplazarse para atender necesidades
A Asociación de Veciños de Partovia pon en marcha este servizo solidario e de atención aos seus conveciños en caso de necesidade e durante o tempo que permaneza esta situación absolutamente excepcional que estamos vivindo.
A través dun comunicado, o colectivo veciñal manifesta que "a situación de emerxencia sanitaria que estamos a pasar e como consecuencia de esta, e o confinamento o que estamos obrigados a facer, os membros da directiva da asociación poñémonos a disposición da veciñanza da parroquia e de todo aquel que o precise".
Aclaran dende a asociación veciñal que esta iniciativa "vai orientado a xente que por calquera motivo non pode facer acopio de medicamentos ou alimentos por o seu propio pé. Estamos nun momento delicado onde a sociedade en xeral debemos de estar unidos e apoiarnos entre nòs, non nos queda outra".
E subliñan que "a un lado hai que deixar temas políticos e de outra índole que non levan a nada, so facer o burato mais grande".
Os teléfonos de contacto son: Ernesto 685469572 e Laura 646472334