Primeira visita institucional a O Carballiño do novo Conselleiro de Cultura, José López Campos, para celebrar o Dia do Libro na Ínsua dos Poetas
O novo Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia realizou este 23 de abril, coincidindo coa celebración do Dia do Libro, a súa primeira visita á comarca do Carballiño, asistindo ao acto organizado pola Fundación Insua dos Poetas.
O novo máximo responsable de Cultura da Xunta, Lingua e Xuventude José López Campos participou na programación cultural que levouse a cabo coa participación de estudantes de centros educativos da comarca do Carballliño, e outros do resto da provincia, como o IES Ferro Couselo, CEIP de Maceda, CEIO de Seixalvo, CEIP Terras de Maside, Colexio Luis Vives e Colexio Vila do Arenteiro.
O acto incluíu música, lecturas de poemas, posta en escena e outras actuacións creativas para salientar a importancia do libro en calquera dos seus formatos para o desenvolvemento da humanidade. O conselleiro fixo un chamamento a gozar de todas estas accións ao redor do libro e a lectura que erixiu como “vía de expansión da identidade e cultura de Galicia” e lembrou que o Día Internacional do Libro é un data que a Unesco estableceu para incentivar a lectura, promover a industria editorial e defender os dereitos dos escritores e escritoras de todo o mundo.
Neste senso, considerou unha efeméride máis que axeitada para que, a través da ampla programación cultural ao redor desta data, poder achegarse ou afondar na figura á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, á poeta, á ensaísta, á música e á dramaturga, Luísa Villalta.