Primeiro caso positivo no municipio de Punxín e falece en Madrid por coronavirus un veciño natural de Moreiras-Boborás
Confirmado o primeiro caso de positivo de coronavirus dun veciño no municipio de Punxín, un home de 50 anos, que non estivo fora de Galicia no transcurso dos útlimos meses.
Súmase á relación dos 231 casos que foron diagnosticados como positivos de COVI 19 na Área Sanitaria da Provincia de Ourense dende que comezou a pandemia.
Doutra parte, confírmase a segunda vítima mortal dun veciño da comarca como consecuencia da enfermidade, un home de avanzada idade que residía en Madrid, onde faleceu.
Era veciño natural da parroquia de Santa Mariña de Moreiras, no concello de Boborás.