Principio de acordo entre os bombeiros dos parques comarcais e consorcios para desconvocar a folga dos últimos meses, co compromiso de redactar un novo convenio colectivo e unha nova RPT.
Representantes dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento e das forzas sindicais dos bombeiros comarcais mantiveron este xoves dia 1 de febreiro unha xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais onde se chegou a un principio de acordo para desconvocar a folga dos últimos meses, según informa nun comunicado a Xunta.
O texto, asinado por representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras. Así, continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos centros de traballo dos consorcios provinciais de bombeiros das catro provincias galegas, é dicir, nos 24 parques comarcais repartidos por toda a xeografía galega, entre eles o do Carballiño-Ribeiro, con sede no parque empresarial do Carballiño
No acordo prevese tamén crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT).