Programación do entroido: a novidade será o horario matinal para o desfile da Festa da Cachucha, o domingo 14 de Febreiro

26, Xaneiro 2016

O elevado número de inscricións para desfilar o martes, día 9 de febreiro, augura un entroido moi participativo no Carballiño.

As concellalías de Cultura e Promoción Turística organizan sete días de actividades e festexos, que comezarán o venres, día 5 de febreiro, e rematarán o domingo de piñata, 14 de febreiro, coa celebración da XXII Festa da Cachucha.

Charangas, folións, comparsas, orquestras e DJs porán a animación polas rúas e prazas do Carballiño que, nesta ocasión contará cunha gran carpa na Praza do Emigrante, en prevención de que se produzan condicións climatolóxicas adversas.

Nenos e maiores terán o seu propio baile de disfraces, o sábado e o domingo, respectivamente, e, por vez primeira, o desfile da Festa da Cachucha celebrarase pola mañá, cara ao mediodía, co obxectivo de promover a máxima concurrencia ao xantar nos restaurantes e mesóns que ofrecerán o menú típico da cachucha.

Os concelleiros de Cultura e Promoción Turística, Diego Fernández e José Manuel Dacal, respectivamente, destacaron durante a presentación de hoxe o programa da tarde do martes e da noite do luns, cun baile e verbena de disfraces na Praza Maior a cargo da orquestra-espectáculo Fórmula, formada recentemente por músicos das mellores orquestras de Galicia, para competir directamente con elas nesta próxima tempada.

Neste entroido non faltará a actuación da comparsa histórica do Carballiño, Os Liberianos, que cantarán as súas coplas o sábado pola tarde, na carpa da Praza do Emigrante, nin tampouco faltará o Enterro da Sardiña do mércores de cinza, que culminará cunha gran chocolatada na Praza Maior.

Ao igual que nas últimas edicións do entroido, o domingo 14 celebrarase a XXII Festa da Cachucha, con animación polas rúas dende a mañá, con catro charangas, varios folións procedentes doutros lugares de Galicia e as comparsas gañadoras do concurso do martes, que realizarán un recorrido polo centro da vila.  A festa culminará cun baile na Praza Mayor, coa nova orquestra-espectáculo “La OcaBand”.

PROGRAMACIÓN DA FESTA DO ENTROIDO E FESTA  DA CACHUCHA

 Venres, 5 de febreiro

“FESTA VAQUEIRA” nos locais de ocio do Carballiño durante a noite

Sábado, 5 de febreiro

OBRADORIO INFANTIL DE MÁSCARAS DE ENTROIDO

De11,30 a13,30 horas na Carpa de Pista Roxa

DESFILE e CONCURSO DE DISFRACES. Animación a cargo DJ “Tibu”

A partir das 16,30 horas na Carpa de Pista Roxa

Domingo, 7 de febreiro

BAILE DE DISFRACES para 3ª idade. Animación a cargo dun DÚO MUSICAL

A partir das 17,00 h na Carpa da Pista Roxa

CANTO DE COPLAS A CARGO DOS LIBORIANOS

A partir das 20,00 horas na Carpa da Pista Roxa.

 Luns, 8 de febreiro

BAILE DE DISFRACES a cargo da ORQUESTRA FÓRMULA, a partir das 21,00  horas na Praza Maior

 Martes, 9 de febreiro

Animación musical a cargo da Escola de Gaitas, a partir das 12,00 h polas rúas

GRAN DESFILE DE COMPARSAS, a partir das 17,00 horas polas rúas

 Mércores, 10 de febreiro

ENTERRO DA SARDIÑA, a partir das 19,00 horas na Praza Maior.

Animación a cargo de Aspadisi e Charanga Castro Bello

GRAN CHOCOLATADA, a partir das 20,00 horas na Praza Maior.

 Domingo, 14 de febreiro

XXII FESTA DA CACHUCHA

DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS, a partir das 12,00 horas polas rúas do Carballiño. Animación a cargo de: “Folión de Fradelo”, “Folión de Arrieiros de Petín”, “Percusión Os da caña”.

Animación a cargo de charangas:, “Castro Bello”, “Filantrónica Doctor Anchoa”, “Os Chispas”, “Noroeste”, nos locais participantes na Festa da Cachucha a partir das 12,00 h

ORQUESTA LA OCA

A partir das 17,00 horas na Praza Maior