Prorrógase o prazo de presentación de propostas para o proxecto de mellora do parque municipal
O prazo para a presentación de propostas sobre o Parque Municipal prorrógase ate o 23 de decembro.
Ainda que estaba previsto que este prazo rematase precisamente hoxe, a concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, tras consultar aos portavoces dos grupos municipais, considerou oportuno ampliar o tempo de recepción de ideas.
Para adoptar esta medida tomouse en consideración o incremento de propostas realizadas nas últimas semanas, así como unha petición realizada polo concelleiro independente Marco Reboredo.
O concurso de ideas para o proxecto integral do Parque Municipal foi convocado pola concellería de Medio Ambiente a finais do mes de xullo, e o prazo para a presentación de propostas comezou o 1 de agosto. Sen embargo, foi neste último mes cando se intensificou a recepción de ideas, polo se considerou convinte ampliar un mes máis o concurso, ata o venres 23 de decembro.
Según Érika Paz, moitas propostas chegaron a raiz do anuncio do remate do prazo previsto inicialmente, o 15 de novembro, polo que resulta de interese amplialo para dar a oportunidade a todas persoas, asociacións ou entidades a expresar as súas ideas sobre o futuro do parque municipal. Na páxina páxina web do concello (www.carballiño.gal) ofrécese un modelo de instancia para presentar as propostas, que se deberán formalizar a través do Rexistro do concello.