Protección Civil recoñece os 40 anos de voluntariado de Adolfo Otero Loureiro na agrupación local carballñesa.
O voluntario da Agrupación de Protección Civil do Carballiño, Adolfo Otero Loureiro foi un dos distinguidos no acto de entrega de medallas e condecoaracións no marco da VII Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Proteccion Civil de Ourense.
Otero Loureiro ven de cumprir 40 anos de voluntariado na agrupación carballiñesa, unha das máis antigas de toda Galicia. O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, foi o encargado de facerlle entrega deste recoñecemento no marco desta xornada de convivencia que tivo lugar no mosteiro de San Estevo e no concello do Pereiro de Aguiar.