Protesta sindical polos recortes no cadro de persoal da residencia de maiores do Carballiño
Representantes dos 4 sindicatos que forman parte do comité de empresa do persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar concentraronse ás portas da residencia de maiores do Carballiño en sinal de protesta "pola amortización de 3 prazas de camareiras e limpadoras" neste centro.
Os representantes sindicais incidiron "no continuo recorte de servizos púlbicos e de persoal por parte da consellería nesta provincia, co peche do centro de menores de Montealegre, e coa perda continua de postos de traballo".
Como exemplo desta política de recortes, o carballiñés Manuel Gallardo Canitrot, responsable de CIG-Administracción pública puxo de manifesto "o caso da non apertura da residencia de tempo libre do Carballiño, que permanece pechada e só se vai abrir 4 meses do ano, o que siñifica que se perdan outros 25 postos de traballo".
O representante do sindicato nacionalista tamén criticou o estado no que se atopan as novas instalacións da residencia de maiores do Cornuval "que costaron preto de 5 millóns de euros e permanecen pechadas, coa sospeita que temos que estemos ante unha nova privatización deste servizo". Manuel Gallardo suliñou que "esto é unha falta total de respecto na situación na que nos atopamos, na que desde a Xunta quere vendersenos que coa intalación na comarca da incineradora promoveríase a creación de moitos postos de traballo, cando coa apertura desta residencia crearianse 70 postos de traballo e ofreceríase atención a 90 persoas dependentes, e sen crear contaminación, remarcou.