Protestan pola suspensión da gala fin de curso da Escola Municipal de Danza
Preto de 30 alumnas e alumnos da Escola de Danza, acompañados coas súas nais, protagonizaron unha protesta no consistorio que culminou cunha reunión co concelleiro de cultura e o alcalde carballiñés.
O colectivo mostrou o seu disgusto polo deficiente funcionamento do equipo de son do auditorio municipal, que motivou a suspensión do festival de fin de curso da Escola Municipal de Danza, programado para este pasado sábado dia 22.