PSOE e Partido Partido Popular alcanzan un acordo para gobernar xuntos O Carballiño, Fumega continuará na alcaldía, que cederá aos populares no último ano de mandato.
O grupo socialista, que viña gobernando en minoria, e o Partido Popular chegaron esta mañá a un acordo para establecer un goberno bipartito para o concello do Carballiño e para os tres anos que restan ao actúal mandato municipal, un acordo que dea estabilidade á gobernanza ao concello do Carballiño e impulse a xestión municipal.
O acordo o que chegaron os dous grupos polititcos municipais no concello carballiñés conta co beneplácito das cúpulas de ambos partidos, PSOE e PP, a nivel provincial, polo que o acordo pode darse como definitivo e sen volta atrás.
Según este pacto entre socialistas e populares, o socialista Francisco Fumega seguirá ao fronte da alcaldía do Carballiño durante os dous próximos anos, mentres que xa no último ano de mandato, entre maio de 2026 a maio de 2027 cederá a alcaldía ao Partido Popular. Mentres, o popular Pepe Castro-Gil será o primeiro tenente de alcalde.
Desta maneira, o que pasará a ser o novo goberno municipal do concello do Carballiño pasará a contar cunha ampla maioría, cos 6 concelleiros socialistas e os 5 concelleiros que aporta o Partido Popular, que pasan a sumar 11 concelleiros do total de 17 cos que conta a Corporación Municipal. A nova situación política motivará a reorganización das distintas áreas municipais, ata agora todas elas xestionadas polo grupo socialista, para dar entrada no goberno carballiñés aos concelleiros e concelleiras do Partido Popular.
A oposición municipal quedará nesta nova etapa reducida a 6 concelleiros, os 5 de Espazo Común e a única concelleira do BNG.