As pulpeiras e pulpeiros do Carballiño-Arcos e a Deputación acordan traballar nunha marca identificadora deste oficio tradicional
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo hoxe no Pazo Provincial unha reunión co presidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, Roberto Pereira, e cos membros da directiva desta entidade Suso Pereira e María Lage, recentemente elixidos para asumir as responsabilidades de xestión da asociación, unha xuntanza na que o presidente do goberno provincial comprometeuse a apoiar desde a Deputación iniciativas "para potenciar o polbo, unha "marca" da provincia de Ourense", destacou Baltar.
Entre os temas que abordaron figuran aspectos como a imaxe corporativa deste produto gastronómico que representa a Asociación de Pulpeiros do Carballiño, para incluíla en carpas vestimenta e material promocional, pois "o produto e o xeito de cociñalo e preparalo por parte dos polbeiros son un sinal de identidade do noso pobo; de aí que a Deputación de Ourense se amose favorable a coñecer o plan de acción da asociación e a cooperar no desenvolvemento das actividades que o integran", salientou Baltar, quen os felicitou pola súa recente elección e desexoulles moitos éxitos na súa xestión.