Punxín abrirá en Semana Santa a primeira piscina termal ao aire libre de España adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Asi o anunciou en COPE O Carballiño o tenente alcalde do concello de Punxín, Eladio Fernández, a previsión é abrir ao público a reformada área termal do Bañiño coincidindo coa próxima Semana Santa.
Entre as melloras efectuadas figura a adaptación dunha das piscinas para persoas con mobilidade reducida, que será a primeira de España ao aire libre.
Ademáis, Fernández tamén deu a coñecer varias actuacións para levar a cabo por parte do concello de Punxín para este ano, entre as que figuran o acondicionamento de varios centros sociais e a mellora das estradas nas localidades de Vilela e Rubiás.
Escóitao aquí, no PODCAST de COPE O Carballiño: