Punxín celebra a festividade de San Wintila, festivo de carácter local no municipio
Unha festividade que ten a súa singularidade, varia cada ano no calendario xa que se celebra coincidindo coa Octava de Pascua, esto é, o seguinte lúns ao de Pascua. O dia de San Wintila é festivo de carácter local no concello de Punxín.
A celebración volve estar este ano condicionada pola pandemia, a maiores da festa no ámbito familiar, a única actividade programada para este dia en Punxín é a misa solemne ás 12:30 do mediodia na igrexa parroquial, onde os devotos do Santo Wiintila poderán ver o carro de vacas que foi restaurado e que se utilizaba tradicionalmente para a procesión da festividade.