Punxín recupera a romaría de San Wintila, con festivo local neste concello o lúns 25 de abril.
A programación festivo arrancou o sábado cunha verbena amenizada pola orquestra Garibaldi e a disco-móbil Chocolate, e tivo continuidade este domingo coas celebracións na honra do Santo Wintila, que foron seguidas dun xantar popular con aires de romaría na que veciños e visitantes degustaron un menú organizado pola comisión de festas.
A charanga Europa en sesións de mediodia, tarde e noite, e a orquestra Saudade na verbena encheron de música o campo da festa nesta segunda xornada festiva, algo deslucida polo mal tempo.
O lúns 25, festivo local no concello de Punxín, coincidindo coa festividade de San Wintila, celebraránse misas na igrexa parroquial a partir das 9 da mañá, cada hora ata as 13:00 h. que será cando se celebre a procesión e misa solemne co acompañamento do grupo de gaitas Terras do Arenteiro e o Orfeón do Carballiño. A partir das 17:00 horas no adro da igrexa terá lugar a tradicional subasta de productos da terra doados ao santo. Xa a partir ds 20:00 h haberá pinchos no campo da festa e verbena co grupo musical "Pégate".