Qué foi do concurso de ideas para a mellora do parque municipal? Catro anos despóis de aprobarse a proposta no concello, o PP pregunta ao grupo de goberno qué pensa facer.
Os grupo popular no concello do Carballiño quere saber das intencións do goberno de Fumega para o parque municipal, e non sen tempo, xa que recordan como "fai 1.526 dias (4 anos, 2 meses e 4 días),aprobouse a urxencia de facer un concurso de ideas para o parque municipal".
O inicio desta proposta dos populares remóntase ao pleno de data 7 de abril de 2016, cando aprobouse por unanimidade a moción presentada polo Grupo Popular sobre a URXENCIA DO CONCURSO DE IDEAS DO PARQUE MUNICIPAL DO CARBALLIÑO.
"Dende aquela data, e logo de facer pouco ou nada, tivemos que esperar a unha comisión informativa de Medio Ambiente celebrada o 3 de outubro de 2017, onde se nos presentou un avance do PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS e ADMINISTRATIVAS DO CONCURSO DE PROXECTOS, CON INTERVENCIÓN DE XURADO, PARA A ORDENACIÓN E MELLORA INTEGRAL DO PARQUE MUNICIPAL DO CARBALLIÑO",relatan.
E recordan como naquéla reunión e tal como se solicitaba na propia comisión informativa, fixábase un prazo para facer aportacións de mellora deste pregos técnicos e administrativos, e dentro dese prazo, o Grupo Popular, con data do 9 de outubro do 2019 fixo 19 aportacións para que se puidesen ter como adaptadas, e se lle dise saía a este concurso.
Pois dende esas datas, non se decidiu nada ao respecto, e "neste momento que estamos 1.526 DÍAS dende que aprobamos a URXENCIA de sacar este concurso de ideas, seguimos á espera do mesmo e preguntando insistentemente pleno tras pleno, sen ter unha contestación clara".
Para o Grupo Popular, este concurso de ideas de como revitalizar o noso Parque Municipal faise imprescindible e fai falta saber do compromiso real do goberno Municipal do Carballiño, pois alomenos é necesario saber si segue sendo unha pretensión, ou se pola contra esgota esta posibilidade aprobada no seu día.
E polo que, por parte do Grupo Popular do Concello do Carballiño pretendese saber no próximo pleno da corporación municipal
cál é o compromiso para realizar o Concurso de ideas para a ordenación e mellora do Parque Municipal do Carballiño, en todo caso, que o concurso de ideas estea convocado antes do 30 de outubro de 2020.
E finalmente, o Partido Popular plantexa que non se faga ningunha intervención, máis alá do seu mantemento, no ámbito do concurso, antes de ter aprobado o mesmo, para que non sexa contrario ao resultado do proxecto gañador.