"A Quinta de Cea", con 4 apartamentos e 6 habitacións, suma 30 novas prazas de aloxamento na comarca.
O novo aloxamento rural está ubicado na rúa España, no núcleo histórico da vila de Cea, e conta con catro apartamentos e seis habitacións dobles, con capacidade para trinta prazas, un novo equipamento que mellora os servizos turísticos do concello de San Cristovo de Cea, paso obrigado para os peregrinos do camiño xacobeo mozárabe.
Os seus promotores, veciños da propia vila de Cea, son os mesmos que o ano pasado abriron "A Casa dos Caretas", que ofrece servizos de restaurante, bar e cafetería, servizos aos que agora suma o de aloxamento. Tanto os apartamentos como as habitacións están decoradas con fotografias que mostran o patrimonio cultural local, e cada unha delas está dedicada ás parroquias do concello de Cea.
Para a construcción de todo o complexo hoteleiro aproveitouse unha edificación tradicional, que reformada respectando todos os seus elementos antigos. A inauguración do novo aloxamento "A Quinta de Cea" foi este pasado sábado e nos próximos dias iniciará a súa actividade de aloxamento.
Escoita no audio de COPE O Carballiño a entrevista con Iván Barrosa, promotor de "A Quinta de Cea".