A radio en verán: Boborás sempre merece unha visita
‘A mañá’ de COPE O Carballiño trasladouse a Boborás para presentar dende este concello o programa especial dos venres de verán. Alí falamos co alcalde, concelleiros da corporación municipal e veciños.
( Redacción. Estefanía Bernándrdez ) Cipriano Caamaño, alcalde de Boborás, recén chegado de facer o Camiño de Santiago definía esta experiencia como única e a cal vai repetir en busca de novos placeres. Falando tamén de placeres evocaba a producción de viño do ribeiro que se elabora neste municipio, que forma parte da Denominación de Orixe Ribeiro..
O verán é unha época moi especial en Boborás porque é un tempo festivo casi a diario, xa que é un concello marcado pola emigración, pero que siguen moi unidos a Boborás, e prodúcense reencontros que permiten recordar as súas raíces e influencias. “Isto sempre é un motivo de celebración”.
Cipriano Caamaño leva “30 anos atrapado” en Boborás, enganchado polo interior aínda que él é de mar. O arraigo da súa familia e o anti-estrés que lle proporciona a comarca explican a súa prologanda estadía.
A concelleira de cultura, Patricia Torres, falábanos das festas e da oferta turística que ofrece Boborás. “A xente ten que facer o esforzo de organizar as festas porque non se poden perder as tradicións, e tamén son unha boa oportunidade para que se xunte a xente”, comentaba Torres. A Señora do Carme, tradicional patrona dos mariñeiros, "tamén se celebra en Pazos de Arenteiro onde é moi querida, e ata onde se acercou o obispo este ano".
Outras celebracións destacadas son a Romaría da Saleta (Astureses) e San Bertomeu da Freixa (Cameixa). “A Saleta é unha romaría con moita tradición e ata o Carballiño a utiliza como fin de festas, pero é en Boborás”, e o San Bertomeu é unha festa moi especial a carón do río.
En canto ao turismo, Patricia Torres facía connosco un percorrido polo que podemos visitar en Boborás. Atopamos as rutas polos sendeiros, comezando por Pazos de Arenteiro, que é unha xoia arquitectónica con románico e xudaísmo. Tamén temos unha amplia variedade de igrexas románicas como a de Astureses, a máis antiga que está marcada por un estilo templario; a esta súmase a igrexa de Cameixa, San Pedro de Xurenzás, Xuvencos, Moldes, Albarellos e Brués, que é barroca. Alí, ademáis, atópanse as minas de Brués que se recuperaron en 2011 a través do Instituto Xeolóxico de España e que xa están ben señalizadas, aínda que Torres asumía que poden ter algún perigo.”Estamos pensando en pechalas para conservalas e facer alguna visita guiada”. A concelleira engadía que profesionais do Chamoso Lamas atoparon unha colonia de morcegos en perigo de extinción.
Outro tema no que se centraba Patricia Torres era o encoro de Albarellos ao que lle viría moi ben un embarcadoiro, pero é unha época difícil. “Non nos podemos meter en grandes obras, temos que manter as existentes, pero viríalle moi ben a inversión privada”.
Seguindo esta ruta turística entramos na gastronomía, que podemos degustar nos típicos bares de Boborás e tamén nas casas de turismo rural, moi apoiadas dende o Concello. Algunhas delas son o Pazo da Almuzara, a Casa de Brués, Casa Anxeliña (Astureses), Forno do Curro (Feás) e a Retoral de Pazos de Arenteiro.
Por último tamén se acercaba ata os micrófonos de COPE O Carballiño o concelleiro de medio ambiente, Avelino Prado. “Estou no cargo para axudar ós veciños; aquí non se ven a destruir senón a facer, a axudar”, así definía a súa función Avelino Prado, xubilado da empresa privada e centrado máis que nunca na causa pública.
O seu obxectivo é intentar que o concello sexa pioneiro na provincia, ao igual que o alcalde. Agora está máis pendente da brigada de incendios que comezaron o 16 de xullo e que mentras non hai incendios están desbrozando. “Están levando a cabo estas actividades xa que foi un ano difícil polas continuas choivas, e hai que volver desbrozar”, comentaba Avelino Prado.