Rali do Lacón, BTT, patrimonio en Cea, concertos musicais no Carballiño, Boborás e O Irixo, e humor en Maside, na axenda de actividades da fin de semana
Música e deporte acaparan desta vez a axenda de actividades para a fin de semana na comarca, con diversas propostas para todos os públicos
Rali do Lacón
Volve despóis de 15 anos un clásico do automobilismo galego, que arranca na tarde do venres -20 horas- co primeiro tramo da Saleta. O Sábado 21 o rali madruga co primeiro tramo Cenlle-San Amaro a partir das 8 da mañá. Despois, no transcurso da xornada, correránse os tramos Piñor-O Irixo, Leiro-Boborás e Amoeiro-Maside, con dúas pasadas en cada tramo. 134 equipos participan neste recuperado Rali do Lacón.
O "Show de Fifo" en Maside
Presentará o seu espectáculo "Soño" con moito humor, que combina con música e baile, este venres dia 20 ás 21 horas na pista deportiva da Alameda de Maside.
"Monumenta, andar con arte" en Cea.
Dende as 10 da mañá do sábado con punto de encontro na Praza Maior de Cea, un programa de promoción do camiño xacobeo, un roteiro para coñecer o patrimonio monumental e natural do concello de San Cristovo de Cea.
"Feito no Carballiño"
Sábado e domingo dende as 19:30 horas na pista roxa do Carballiño subiránse ao escenario un total de 9 grupos musicais do Carballiño, como artistas invitados chegarán dende fora artístas invitados como o guitarrista de "Los Suaves " Fernando Calvo ou o popular Ce Orquesta.
"Odaiko" no Irixo
Concerto familiar no que o grupo Odaiko trae a O Irixo o seu espectáculo "Setestrelo Camiño", ás 21 horas deste sábado dia 21 na praia fluvial do Irixo.
"Carapaus" en Boborás
O grupo de música tradicional galega "Carapaus" ofrece un concerto no campo do Santuario da Saleta, en Astureses, desde as 19:30 horas do domingo 22.
4ª BTT Concello do Carballiño
O Club Ciclista Carballiño reúne a 300 xóvenes ciclistas entre os 4 e os 16 anos, que competirán nesta cuarta edición desta competición a partir das 10 da mañá do domingo nun circuíto no parque municipal