Ramirás 3 Arenteiro 3
O Arenteiro empatou en Ramirás no tempo de desconto un partido que comezou gañando e que despois chegou a ir pendendo por 3-1. Ao final, o fútbol foi xusto e os carballiñeses regresan cun valioso punto conseguido un campo moi dificil, e ante un rival directo na clasificación.
Partido emocionante para o espectador, tal como foi desenvolvendose no marcador. O Arenteiro adiantouse no marcador cun gol de Iglesias e asi rematou a primeira parte, con ventaxa carballiñesa. No primeiro periodo, e incluso nos primeiros compases da segunda o Arenteiro xogou máis e mellor que o seu rival, e incluso tivo algunha ocasión para ampliar a súa renta no marcador, pero todo cambeo tralo primeiro cuarto da segunda parte. O árbitro deixa ao Arenteiro con 10 xogadores ao expulsar con doble amarela a Prada, aos poucos minutos chegaría o gol do empate do Ramirás nunha volea sobre a portería de Pachi, éste quedase como unha estatua e o Ramirás atópase cun empate que non merecía ata eses momentos. O gol deu alas aos locais e desconcertou por completo aos carballiñeses, sobre todo en defensa, tal foi asi que en duas chegadas do Ramirás á área carballiñeses chegarían o segundo e terceiro gol do equipo local, e asi pasamos do 0-1 ao 3-1 en pleno descorcento do equipo de Dacosta.
Todo parecía perdido, e tamén que o resultado fose demasiádo premio para os locais, cando Gele acortou distancias para o Arenteiro. Os carballiñeses volvían meterse no partido e xa no tempo de desconto aparecia providencial Kennedy para empatar o partido. Xa non había tempo para máis.